Protocolos da consellaría de Educación
– Que son os Protocolos?
- Protocolo é un documento ou regulamento que establece como se debe actuar en determinados procedementos.
- Un Protocolo serve para guiarnos e axudarnos nos pasos a seguir cando un alumno/a presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta: que facer no caso de ….?
- Un Protocolo recolle comportamentos, accións e pautas que se consideran apropiadas en determinadas situacións.
- Os Protocolos son un recurso dispoñible para todos os centros e familias para funcionar como guía de apoio ao alumnado.
- Os Protocolos SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
– A quen van dirixidos?
A todas as partes implicadas que traballan xuntos para o benestar do alumno/a: “casa”, centro educativo e profesionais (psicólogos/as, terapeutas, logopedas, ….)
– Cal é o obxectivo dos Protocolos
Os Protocolos son recursos que apoian e guían aos centros educativos, profesionais e familiares para que as persoas (alumnas/os) poidan desenvolver plenamente o seu potencial.
Ás veces, as axudas que se poden ofertar poden parecer inxustas pero, quitámoslle as lentes a unha persoa miope?
Quitamos a cadeira de rodas a unha persoa tetrapléxica?
Eliminamos o audífono dunha persoa xorda?
Todas as persoas teñen puntos fortes e febles, pero todas teñen capacidades.
– Os Protocolos existentes son:
Descarga