É o momento de cumprir coa gratuidade do ensino e retomar o sistema do préstamo universal de libros de texto
Lemos estes días na prensa que o goberno galego vai investir unha considerable cantidade de diñeiro público en diferentes políticas sociais e nun número importante de melloras nas infraestruturas educativas.
Preguntámonos se non sería agora o momento de cumprir o mandado constitucional da gratuidade do ensino e retomar o exitoso sistema do préstamo universal de libros de texto, o que xuntaría a mellora social coa mellora educativa, porque é un sistema que:
– Defende a economía familiar.
– Iguala en oportunidades a todos os nenos e nenas galegos.
– Introduce na educación da infancia e xuventude os valores da reutilización e da conservación dos bens comúns, e reforza a conciencia de pertenza ao grupo ao responsabilizarse do estado de recepción e entrega do libro compartido.
– Retira ao libro de texto parte do seu carácter mercantil para outorgarlle fundamentalmente un carácter de recurso educativo.
Documento completo: SOLICITUDE VOLTA AO PRESTAMO UNIVERSAL-PRESIDENTE E CONSELLEIRO