ANPAS GALEGAS firma un convenio co Banco Santander
ANPAS GALEGAS preocúpase das necesidades das Anpas asociadas.
O venres pasado asinamos un convenio co Banco Santander, para que as nosas anpas poidan ter unha conta sen comisións de mantemento, e sen custos nas transferencias bancarias.
Se queredes saber máis sobre este acordo dirixídevos á vosa Federación asociada a ANPAS GALEGAS, ou ás nosas canles de consulta cotián.
O noso correo: anpasgalegas@gmail.com; e o noso teléfono de consultas: 695 251 109.