Aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para libros e material escolar.
Hoxe ábrese o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Esta axuda está dirixida a alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Información importante a ter en conta
Entra en vigor a LOMLOE para os cursos impares, así que nestes casos todo van ser libros novos, quen teñan dereito (por ter unha renda inferior a 6.000 euros per capita) a algún tipo de axuda recibirá eses libros novos, pero aquí xa non haberá saldos (ou sexa, non poden sobrar libros e ser entregados á xente que os solicite aínda que supere os índices de renda porque non vai haber eses libros).
Nos cursos pares séguese o sistema de anos anteriores, e van repartirse os libros vellos que haxa nos “fondos solidarios”; lembrade dicirlle ás anpas que nestes cursos NON PODEN CAMBIARSE LIBROS ESTE ANO, porque todos van ser novos o ano próximo.
O prazo de solicitude das axudas remata o 22 de xuño, farase on line, ou presencialmente no centro. Con algunhas excepcións (quen repitan 4º da ESO, quen non teña praza en FP básica) que poderían presentar a solicitude no prazo dun mes dende que formalice a matrícula.
NON APARECE, en ningún lugar da orde, ningún cambio relativo a FP Básica, a que agora xa é ensino obrigatorio; descoñecemos se este alumnado emprega libros, pero si que deberan ter dereito como mínimo á axuda de material escolar.
Recursos para a presentación de solicitudes:
- DOGA
- Para presentación presencial nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo: Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
- Para presentación electrónica: desde a aplicación Fondo libros