“O Legado Indiano en Fene” do CEIP de Os Casais é o gañador do I Concurso Audiovisual ANPAS Galegas – Somos Rural
Desde a Confederación ANPAS Galegas comprácenos anunciar que o proxecto gañador do I Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas – Somos Rural” foi “O legado do Indiano en Fene”.
Os proxectos presentados nesta primeira edición do concurso destacaron pola súa creatividade, investigación e valoración do patrimonio do seu ámbito rural. O proxecto gañador destacou polo seu enfoque en coñecer colectivamente o legado indiano no concello de Fene, implicando a alumnado, a ANPA e o equipo docente.
O acto da entrega de premios terá lugar no centro educativo da equipa gañadora, o CEIP de Os Casais (Fene), o vindeiro luns 19 de xuño ás 17.00 h.
O programa previsto para este evento é o seguinte:
17:00 – Presentación do acto e do concurso: Fernando Lacaci, presidente de ANPAS GALEGAS.
17:30 – Charla sobre o mundo indiano: Divina Arnoso Romero.
18:15 – Visionado dos vídeos participantes e do proxecto gañador.
18:45 – Entrega de diplomas: Lorena Dapena, presidenta de Feanpas Ferrolterra.
19:00 – Despedida do acto: Lorena Pita, directora do centro, e M. José Vila, coordinadora da equipa gañadora.
O Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas – Somos Rural” é unha iniciativa da Confederación ANPAS Galegas que procura contribuír á visualización dos aspectos menos coñecidos do noso rural e poñer en valor a súa riqueza entre o alumnado galego e o resto do país.
A organización desexa expresar o seu agradecemento a todas as persoas e equipas participantes neste concurso polo seu traballo, entusiasmo e compromiso co noso rural. Parabéns para todas! Porque cada proxecto presentado contribuíu á defensa e posta en valor do noso rural.
Máis información sobre o concurso e os proxectos participantes está dispoñible na páxina web somosrural.anpasgalegas.gal/concurso e nas redes sociais co hashtag #presumederural.