Ciclo de formación en liña para ANPAS 2023/2024
Entre os meses de novembro e decembro de 2023, e xaneiro 2024, desde a Confederación ANPAS Galegas desenvolveremos un novo ciclo de formación en liña para ANPAS.
Nestas reunións virtuais falaremos do funcionamento básico dunha ANPA: quen pode ser socia, como hai que facer unha convocatoria e unha acta, que limites fiscais ten a nosa actividade, que seguros temos que contratar ou como funcionan os consellos escolares.
Contidos da formación
- LIBRO DE SOCIAS: Xoves, 2 de novembro ás 19:00h
- LIBRO DE ACTAS: Martes, 7 de novembro ás 19:00h
- TESOURARÍA E FISCALIDADE: Luns, 13 de novembro ás 19:00h
- SEGUROS OBRIGATORIOS E NECESARIOS: Martes, 21 de novembro ás 19:00h
- CONSELLOS ESCOLARES: Mércores, 29 de novembro ás 19:00h
- NORMATIVA CONVIVENCIA: Martes, 12 de decembro ás 19:00h
- COMPETENCIAS DIXITAIS: Xoves, 18 de xaneiro ás 19:00 h.
Como se estructura cada sesión?
En cada sesión falaremos un anaco do tema que nos ocupe en cada día, e despois haberá un espazo para a participación, preguntas e resolución de dúbidas entre todas.
Canto dura unha sesión?
Estaremos entre unha hora e media e dúas horas, dependendo das gañas que teñades de falar e preguntar.
Quen pode participar?
Poden participar todas as persoas do mundo das ANPA que estean interesadas. Tanto se pertencen ou non á nosa organización, serán benvidas igualmente, e alegrarémonos da súa presenza e invitarémolas a xuntarse ao noso proxecto.
A todas as participantes háselle facilitar a documentación escrita do que alí se expoña, para que poida ser consultada por elas sempre que o desexen.
Inscricións
Para inscribirse tan só haberá que cubrir o formulario https://bit.ly/formanpasgalegas. O día previo a cada sesión enviarase por email ás persoas inscritas a ligazón de acceso á sesión correspondente.
Sección preguntas frecuentes
Aproveitamos para lembrar que desde a Confederación poñemos a disposición de quen o precise a nosa sección de Preguntas Frecuentes, na que se pode atopar respostas ás dúbidas máis habituais que xurden cando pertencemos a unha ANPA.
Saber como hai que facer as cousas simplifica enormemente o traballo dunha asociación, e permite dedicar o pouco tempo que temos ás cousas realmente importantes; por iso formarse é un tempo ben gastado, animádevos a asistir!