Petición á consellería de Educación da Xunta de Galicia: volver ao sistema de préstamo universal de libros de texto
O Ensino público debe ser gratuíto, e non o será en tanto esa gratuidade non alcance á totalidade da atención que precisa a mocidade para se formar, sexan infraestruturas, sexa profesorado ou material didáctico que teña que utilizar. Por iso, o presidente de Anpas Galegas, Javier Sánchez, lembra na entrevista a necesidade de volver ao sistema de préstamo universal de libros de texto en Galicia.
E ten que ser universal porque é a única garantía de que no Ensino Público non vai haber alumnado diferentes, non vai haber alumnado con libros novos e outro con libros vellos, todos e todas participarán dun mesmo programa e do mesmo xeito.
E, ademais, outorga un inmenso valor engadido: os nosos fillos e fillas aprenderán directamente o valor do coidado, da reutilización, do traballo para o grupo, a importancia de compartir e vivir en común.
E por último, é un sistema máis barato para o presuposto público que calquera baseado na subvención persoal; cal é entón a razón pola que non se utiliza? Pois haberá que lle preguntar aos poderes económicos que saen beneficiados desta decisión pública, probablemente aí estea a chave.
Atendendo ao anteriormente sinalado, Anpas Galegas iniciou una campaña de recollida de apoios para solicitarlle á Xunta que volva ao sistema de préstamo universal de libros de texto en Galicia.
pola volta o sistema universal dos libros de texto