As razóns polas que a LOMCE debe derrogarse
Non te perdas este programa!
http://www.vtelevision.es/informativos/viav/2016/04/14/0031_4844626264001.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador
Javier Sánchez, presidente da confederación ANPAS GALEGAS expón no programa e V Televisión as razóns polas que a LOMCE debe derrogarse:
a mercantilización – privatización da educación; a legalización dos centros que segregan alumnado por razón de xénero; a planificación escolar que reproduce un sistema empresarial no funcionamento dos centros; as barreiras que impiden o acceso á educación da maioría social; a eliminación dos dereitos á nosa cultura e idioma; a eliminación do dereito das familias a participar nos Consellos Escolares con voz e voto; a imposición dunha educación baseada na competitividade, na exclusión social e na desigualdade, e non nun ensino inclusivo e integral, cuxo obxectivo principal debe ser a formación de persoas críticas e responsábeis, entre outras…