Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
É algo incoherente, incomprensíbel e ilóxico pensar que nas bibliotecas se use o 50% do seu aforo mentres que as aulas podemos enchelas. Cal será a diferenza que pode existir entre un aula e unha biblioteca? Acaso será mais doado ter 25 -28 alumnos/as sentados, sen moverse e sen distraccións dentro da aula? Acaso a biblioteca, os seus libros e/ou o profesorado que alí se atope teñen a capacidade de facer que o alumnado non sexa quen de manter parado ao alumnado? Ou será que ademais de sabedoría e coñecemento os libros son capaces de movernos das cadeiras?