Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.

Vai ser fantástico e moi produtivo academicamente ter carta branca na asistencia ao cole no curso 2020-21, que semella ben doado cando as programacións, supoñemos, terán que incluír tódolos contidos que quedaron no aire o último trimestre do curso 2019-20. E máis cando as instrucións de inicio de curso nas que teñen que aparecer as normas específicas relativas a metodoloxías na aula e programacións, aínda non saíron. Todo isto engadindo a famosa fenda dixital, que segue sendo a mesma que era en marzo, abril, maio e xuño. O curso promete.