Que opinamos do proxecto de protocolo para comezar o próximo curso 2020-2021 ?
Na Confederación de ANPAS GALEGAS recibimos hoxe pola mañá o protocolo para o comezo da actividade lectiva no mes de setembro. Este texto, do que se retrasou a súa difusión por motivos claramente electorais, para o que non se tivo en absoluto en conta ás familias que somos quen imos sufrir as súas consecuencias, e que se limita a establecer normas sanitarias de ocupación de edificios e celebración de reunións, coma se as nosas fillas e fillos non fosen parte do Ensino Público, ten dous principios básicos:
- O seu deseño corresponde exactamente coa intención de non mudar nada do existente, estíranse as costuras do sistema educativo para non ter que investir nin un céntimo, e adáptanse até o insulto as necesidades sanitarias con tal de non achegar máis persoal, nin docente, nin non docente, máis instalacións, máis transporte, ou máis atención ao alumnado.
- Repite no
erro do terceiro trimestre pasado, deixar en mans das direccións dos centros
educativos a responsabilidade da organización. Isto implica á súa vez dous
problemas inmediatos:
- A falta de uniformidade á hora de tratar un problema que si é uniforme; non hai ningunha razón para que dous centros escolares dean diferentes respostas a situacións iguais.
- A utilización das direccións como responsábeis da xestión dun problema que é, tal e como se presenta no protocolo, estritamente sanitario. As direccións non son especialistas nesa materia nin teñen porque ser responsábeis do que ocorra neste ámbito.
Ao protocolo en detalle vémoslle as seguintes faltas:
- A distancia de un metro de separación nas aulas é absolutamente insuficiente segundo as recomendacións que estamos vendo publicadas para a cidadanía xeral, mesmo no propio documento dáse o paradoxo de esixiren 1,5 metros nas salas de profesores mentres que o alumnado estaría a un escaso metro de distancia, e non podemos presumir idéntico comportamento nos dous colectivos.
- Basear a estratexia sanitaria na auto diagnose de alumnado e/ou familias é absolutamente irresponsábel; porque permite que o abandono involuntario na comunicación dunha pequena sintomatoloxía poida levarnos a infinitos contaxios e paralizacións do sistema.
- Converte os centros escolares en prisións ateigadas de normas de funcionamento, con porcentaxes de ocupación de baños, corredores, entradas e saídas, para logo permitir o ateigamento nas aulas, no transporte ou nos comedores escolares. É dicir: no que non supón custo económico imos ser rotundamente estritos, no que suporía máis gasto a consellaría permitirá todas as excepcións posíbeis.
- Non podemos admitir que sexa o alumnado quen se encargue dos labores de hixienización , en ningún momento; e non porque non deban aprender a facelo, senón porque a súa inexperiencia faraos ser ineficaces, e non se xoga coa saúde. A limpeza dos centros debe estar sempre en mans de profesionais.
- Non existe en ningún momento nin a máis mínima mención á atención á diversidade, fálase algo do alumnado NEE – só como persoas con dificultades para manter a hixiene persoal- pero óbviase, como se ven facendo dende o 13 de marzo pasado, calquera circunstancia que non responda ao estándar que a consellaría ten fixado. Que nos explique a conselleira como conseguir, por exemplo, que un neno-a con TDAH vai conseguir estar quieto durante cinco horas mirando cara adiante nunha aula, porque o importante é que só se distancie un metro das súas acompañantes, para que caiban na aula máis nenos-as aínda dos que collen hoxe coas aulas saturadas.
- Non sabemos como se vai asegurar a atención permanente ao alumnado, nos casos nos que, docente ou alumno-a non poida asistir a clases durante un período indeterminado, ou nos casos de hipotético peche das instalacións. A fenda dixital segue a estar aí; non se resolve cunha semana de formación para todo o profesorado ou con 15 días para o alumnado. Hai máis factores que é preciso considerar.
- Non hai unha previsión sobre os custes económicos das medidas sanitarias, para as familias nin para os propios centros educativos, nós demandamos que a consellaría asuma a totalidade dos gastos producidos para toda a comunidade educativa.
Falariamos outros 99 folios, como fixo a consellaría, pero todo nos leva ao mesmo lugar:
- As familias temos que estar presentes na organización da volta ás aulas.
- A consellaría ten que asumir a responsabilidade directa do que se decida, e asegurar un cumprimento igual en toda Galiza.
- Hai que incrementar a distancia de separación entre o alumnado, e asumir que isto implica unha diminución de rateos e a necesidade de contratar máis profesorado, máis coidadores-as nos comedores, máis transporte escolar, e máis infraestruturas nos centros.
- Hai que asegurar que os centros escolares manteñan un clima de convivencia pacífica, cordial e saudábel, combinando as necesidades sanitarias cun modelo de xestión axeitado para que o alumnado se sinta implicado e seguro.
Esto e vergoñento, que deixen de cargar de responsabilidades deles as direcions, que nin son profesionales da saude nin teñen medios. E os nosos fillos non son unha mercancía coa que facer experimentos
Concordo completamente coa vosa análise. As familias somos parte importante no ensino e non poden obviarnos. Non podemos deixar que sigan a desmantelar o ensino público e favorecendo aos colexios concertados. Hai que esixirlle á consellería que implemente medios tanto materiais como a nivel do persoal.
Unha vez mais a educación vai ser castigada. Non podemos facer responsables da seguridad dos nosos menos a cada dirección da escola, habera que colaborar con todos eles para protexer o mellor da nosa sociedade: os nosos fillos. A quen se vai facer responsables sa seguridad nos comedores, a uns monitores que moitas veces atenden 2 e 3 mesas de 10 menos a vez? Señor Conselleiro, señor Feijoo, acaba de ser elexido presidente dos gallegos, cumpla ca súa obliga de meter cartos en educación, baixe o ratio de nenos por aula, contrate maestros, monitores, habilite novas aulas, todo o qué faga falta para preservar a saude dos nosos menos, maestros e coidadores. E o moso dereito, é a súa obriga.
Creo que a xunta deixa a responsabilidade nas mans dos mestres,e con 25 alumnos por clase pouco poden controlar.
Deberían empezar xa a acondicionar as clases,comedor e toda a escola e non esperar a septembro cando empece o curso.
Eso xa por non falar da apoio que sacar o curso pasado e que aumentou o número de alumnos por clase.
Señor Feijoó vaia facendo algo nestes 2 meses,non deixe para última hora…os máis perxudicados son sempre os mesmos…é dicir,os rapaces
Como siempre, la conselleria denota desconocer un centro escolar y su funcionamiento. Se podrán utilizar las aulas de idiomas, música, plástica..?
Si son los alumnos los que tienen que limpiar, les quedará tiempo para adquirir conocimientos? Y los profe, podrán dar las clases como deben o se dedicarán a ser guardianes?
Es un auténtico despropósito todo. Los niños/as tienen q estar seguros en el cole y se les debe garantizar seguridad a ellos/as a sus familias y profesores.
Lamentable.
Unha vez mais,e como pasou no 3 trimestre a conselleria descarga toda responsabilidade nos centros e nas familias. Acaso obvian que xa antes da pandemia habia xente sen recursos que chegaba moi forzada para que os seus fillos pudesen recibir unha educación? O custe económico vai a terminar por provocar mais pobreza e desequilibrios na sociedade,xa que hai familias que van a ter que escoller entre comer ou levar os seus fillos a escola
A distancia xa é outro cachondeo: ou aceptamos o metro de separación ou que?? Volvese a demostrar que o sistema educativo esta masificado, e que durante estes anos de “bonanza e boa xestion do público ” apenas se fixo nada por mellorar. En Arteixo temos a escola con mais alumnos de Galicia e a 3 escola que viria a desmasificar as 2 existentes nin se lle espera, tan so unha solicitud de verificación de terreos inundables a Augas de Galicia….
E dos comedores a verdad e que prefiero xa non falar…..