Ensino de calidade no rural galego
Realmente é tan complicado de organizar a volta ás aulas en setembro? Por suposto que as condicións sanitarias teñen que darse con todas as garantías. Sen dúbida.
Seguimos a ter aulas masificadas nos colexios sobre todo nas cidades, pero non podemos esquecer que os coles do rural están esmorecendo pola falla de nenas e nenos.
Semella que cando falamos do rural, falamos dun lugar afastado pero a realidade é que moi preto das cidades e das vilas máis grandes están os colexios case baleiros. Eles non van ter problemas de rateo, seica temos outros que xa veñen de lonxe como o esquecemento deliberado por parte da administración, a escaseza de medios, os continuos e imparables recortes en profesorado sempre xustificados pola falta de nenas e nenos, como se estiveramos a falar de números e non das persoiñas nas que vai recaer o futuro das aldeas e de todo o rural galego, aínda máis nos difíciles tempos que están por vir.
Non ten xeito pensar que podamos voltar dar vida a estes colexios e as aldeas onde están e ademáis solucionamos o problema da perigosa masificación das aulas coa gravidade que isto con leva para a saúde das nosas fillas e fillos?
Os recursos están ahí. E a oportunidade de educar á rapazada nun entorno rural con tódalas súas vantaxes, tamén.