Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
– “Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha un auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse antes da chegada ao centro”.
“- Chaqueta, mochila, máscara, … Carlos pon o termómetro e cubre a auto avaliación. Mentres tanto cubro a da túa irmá e logo lle poño o termómetro. Nenos, revisade que levedes todo.
– Mami, onte díxome Serxio que a súa curmá estaba cansa e non se atopaba ben. Parece que tivo algo de febre e non puido ir a escola.
– Pero Pauliña, porque non mo dixeches onte? Carlos, si non te febre e na túa aula todo vai ben colle as cousiñas e vaite indo ao instituto.
Teño que chamar ao colexio para avisar que túa irmá non pode ir; chamar ao traballo para avisar que non poido ir; chamar ao pediatra para pedir cita de consulta; avisar ao comedor que hoxe non vai e mañá a ver; ….
A ver si no traballo poden arranxar co meniño e o teu irmá lle vai todo ben no instituto – pensaba a nai. Pois si vai ser certo que as familias damos para todo: traballadoras, conciliadoras, psicólogas, …., e como non, tamén enfermeiras.”
Esta vai ser a rutina que nos vai tocar vivir a tódalas familias a partires do 10 de setembro.
