Concentracións 16 de setembro. #aulasencovid
O 16 de setembro, cando debera ter comezado o curso de secundaria se tiveramos unha consellaría competente, estivemos nas rúas toda a comunidade educativa, familias, alumnado e profesorado. En 24 localizacións da xeografía galega berramos alto e claro que queremos o mesmo tratamento para todo o alumando galego, dende os 0 anos, coa máxima protección, sen grupos burbulla, con 1,5 metros de separación entre as persoas, con persoal de limpeza abondo, e coa máxima calidade educativa.
Estivemos onte, e volveremos estar cando faga falta.