Descubrindo o futuro da educación dixital coa XORNADA: A DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA A ANÁLISE (Vigo – 24/02/24)
A Confederación ANPAS Galegas ten o pracer de anunciar a XORNADA: A DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA A ANÁLISE. Estado da cuestión e propostas de actuación, un evento que terá lugar o vindeiro sábado 24 de febreiro do 2024, no Museo Verbum – Casa das palabras, en Vigo.
O obxectivo desta xornada é explorar os desafíos e oportunidades que a dixitalización presenta na educación actual, desde a investigación ata a práctica educativa. A través de conferencias, mesas redondas e charlas, expertos do ámbito educativo compartirán as súas perspectivas e propostas para afrontar os retos dixitais nas escolas.
O programa inclúe destacados ponentes como os membros do equipo de investigación dos proxectos Escol@ e Infanci@ Dixital Jesús Rodríguez Rodríguez (USC), Montserrat Castro Rodríguez (UDC) e Nerea Rodríguez Regueira (mestra de Ed. Infantil). Tamén participarán na xornada Fernando Fraga (USC) e Mª Luisa Triñanes (Asesora do Centro de Innovación Educativa e Dixital CIEDIX), entre outros profesionais.
Ademais, haberá servizo de ludoteca para os máis pequenos e a posibilidade de reserva de xantar nun establecemento próximo ao lugar de celebración, coa data límite de inscrición para o xantar o martes 20 de febreiro.
Inscricións
Os interesados poden inscribirse no seguinte formulario de inscrición.
Estreaming
Para aquelas personas que non poidan desprazarse a Vigo, a xornada será retransmitida en streaming a través da canle de youtube de ANPAS Galegas.
Non deixes pasar esta oportunidade! Anímate a participar e descubrir o futuro da educación dixital!