Rolda de contactos de ANPAS Galegas cos grupos políticos
O pasado luns 13 de febreiro comezamos unha rolda de contactos cos grupos políticos con representación parlamentar.
Imos falar con eles porque queremos que escoiten as nosas propostas para as próximas eleccións municipais. Non é posíbel que no ano 2023 haxa unha maioría de Concellos, comezando polo da Capital de Galicia, que confunden a educación co ensino, e que polo tanto neguen calquera competencia sobre a materia máis aló do mantemento dos centros de primaria. A educación debe ser unha guía no quefacer municipal, ten que incluír todas as áreas, e valorarse en todas as accións.
É imprescindíbel que teñamos Consellos escolares municipais en todos os concellos, que haxa programacións en horario non lectivo para toda a infancia e a xuventude, que os espazos estean deseñados sabendo que hai crianzas que os utilizan e que teñen que estar deseñados para elas, e tamén para toda a cidadanía que necesite espazos accesíbeis.
E moitas máis cousas. Tedes curiosidade?, pois aí quedan as nosas propostas: