Día do Libro
O día que non se escriban libros, en papel ou no aire, teremos morto. O día que non se conten contos e se repitan historias, seremos silencio. O día no que deixemos de mergullarnos nas páxinas que outra persoa escribiu para nós, máis nos valerá estar desaparecidos, porque desapareceremos sen remedio.
Non hai elo que tanto nos xunte aos que foron como as historias, os traballos, os saberes e os coñeceres que nos deixaron escritos para nos ler, aprender e gozar.
Mercade un libro, e comezade a lelo. Abrirase un mundo diante de vós, e será máxico.