Día de Europa
Europa sempre representou á modernidade no noso maxín, e a modelos educativos mellores e máis avanzados, arrecendía a participación, a unha conciliación entendida a favor das nenas e nenos, non á cobertura temporal de coidados que é o que temos aquí, a educación laica de verdade, coa relixión fóra das escolas; a comunidade e grupo.
Dende logo nunca foi todo iso dun xeito uniforme e unánime, pero na mirada sempre quedamos co atractivo e avanzado. Quizais hoxe tamén Europa estea andando por camiños de exclusión e de consolidación da diferenza, pero o seu nome segue traendo lembranzas dun mundo mellor, aínda que, iso si, agora xa sabemos que para facer ese mundo mellor temos que participar nós tamén. Coma ten que ser.
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/05/Dia-de-Europa-anpas-galegas-2023.jpeg)