Día da Solidariedade
Ao celebrar o Día Internacional da Solidariedade Humana reafirmamos a nosa creencia no poder da unión.
Na nosa loita en común pola educación pública e inclusiva promovemos unha solidariedade que trascende fronteiras e constrúe pontes cara un futuro máis xusto e equitativo.
Na Confederación Anpas Galegas, cada día é un recordatorio do noso compromiso coas xeracións presentes e futuras. Unidas, avanzamos cara a un ensino que celebra a diversidade, promove a igualdade e forxa unha sociedade máis xusta e solidaria.