Xuntanza co grupo SUMAR -Galicia
Este mércores 20 de decembro acudimos á convocatoria de xuntanza do grupo Sumar para falar dos problemas e necesidades do ensino público galego, abordamos varios temas entre eles:
- a necesidade dunha lei educativa galega que sitúe cales son obxectivos específicos do noso modelo educativo,
- a necesidade de fornecer os medios para a atención á diversidade porque se non é imposible acadar un ensino público inclusivo,
- a necesidade tamén dun plan integral de galeguización lingüística do ensino público, vemos como ano tras ano perdemos galego falantes, e a escola ten que actuar en contra desta tendencia.
- A necesidade dun plan educativo específico para o rural que sexa garante de calidade do ensino para todo o alumnado
- Falamos tamén da necesidade de abordar o ensino dixital, demandamos un novo modelo de educación dixital que garante que o alumnado adquira unha competencia dixital que lle permita facer un uso responsable, seguro,crítico e activo das tecnoloxías.
- Do papel das familias como parte da comunidade educativa.
- Tamén falamos da necesidade da revisión continua dos protocolos educativos, da necesaria formación e información sobre eles para familias e alumnado.
- Da convenencia de abrir os centros de ensino a outros profesionais como a figura da enfermeira escolar, o educador social e outras que melloren a calidade do ensino.
- A problemática dos comedores escolares e a necesidade de un só modelo de comedor: o de xestión directa da consellería.
- A falta de vertebración do territorio e os problemas do transporte escolar e tamén para o alumnado de ensino non obrigatorio.
Agardamos que o tema do ensino público sexa unha prioridade para todos os grupos políticos.