Xuntanza de ANPAS Galegas co BNG
ANPAS GALEGAS estivemos o mércores 20 de decembro nunha xuntanza con Ana Pontón e a responsable da comisión de educación do BNG, Cristina Fernández, para falar de ensino público.
Abordamos os temas que máis nos preocupan como é a falta dun plan serio de atención á diversidade, tamén falamos das desigualdades e falta de oportunidades do alumnado da zona rural con respecto ao resto do alumnado galego, da falta de vertebración do territorio que obriga a desprazar este alumnado cara as cidades cando rematan a ESO, a falta de opcións de ensino non obrigatorio.
Falamos tamén da necesidade dunha lei educativa galega, dun modelo educativo propio.
Da necesaria implicación das familias como parte da comunidade educativa.
Tamén falamos do ensino dixital e da necesaria formación tamén no uso das novas tecnoloxías tanto para o alumnado, como para o profesorado e familias.
Dos comedores escolares e do modelo que queremos para o noso alumnado.
Tamén da nosa preocupación polo papel desgaleguizante dos centros de ensino cando ese papel debera ser todo o contrario.