Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs
Publicada a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia que entre, outras, modificou a Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro , de protección xurídica do menor, a nova lei establece no seu artigo 13.5 textualmente o seguinte:
“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.
A tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”.
Cómpre ter en conta que existen programas, servizos ou actividades que se organizan e xestionan directamente polas propias ANPAS, casos nos que debe constatarse o cumprimento do reflectido na normativa referenciada, en canto á esixencia da oportuna acreditación de non ter sido condenado/a en sentenza firme por delitos sexuais no marco do artigo 13.5 e respecto do persoal que participe en tales actividades e poida ter un contacto habitual cos menores.
Artigo completo:Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs