Debate sobre a LOMCE e as reválidas do bacharelato
O presidente da Confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, estivo onte en V Tv no programa de Fernanda Tabares, debatendo co Secretario Xeral de Educación da Xunta de Galiza, Manuel Corredoira; Carlos Varela, inspector de Educación e o presidente dos directores da Coruña.
Falouse case exclusivamente da LOMCE e as reválidas do bacharelato.
A postura da confederación foi clara, un NON rotundo ás discriminadoras, inxustas e inxustificables reválidas.