Estamos de folga feminista
Hoxe, 8 de marzo, todas as estudantes están chamadas a secundar a Folga Feminista convocada a nivel de todo o Estado, do mesmo xeito que todas as profesoras, e demais mulleres traballadoras están chamadas a participar nesa convocatoria xeral.
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS apoiamos totalmente as reivindicacións que levaron a convocar esta mobilización, e defendemos que as persoas que están convocadas á participación, nunha reivindicación lexítima, teñan sempre a capacidade chea de exercer o seu dereito a ser parte da mobilización, secundándoa ou non segundo o seu criterio lles indique.
Pero os dereitos non poden exercerse libremente cando requiren superar barreiras extraordinarias que dificulten expresamente ese exercicio, e é por iso que solicitamos das direccións dos centros edcativos que transmitisen ao claustro de profesoras e profesores a nosa demanda, a nosa solicitude, de que o 8 de marzo non se programasen exames, nin actividades extraordinarias, nin tan sequera se avance na docencia dos curriculos; para que a participación na folga das alumnas que así o desexen poida ser exercida coa liberdade que esta, e calquera outra convocatoria lexítima, merece.
Seguro que este pensamento xa está no maxín da meirande parte do profesorado; pero esta convocatoria é moi singular, xa que é a primeira vez que só unha parte do alumnado, as mulleres, está chamada a participar; e iso penamos que a nosa achega a prol da normalización desta convocatoria fose acaída.
Grazas pola atención.
CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS