Día mundial dos docentes
Os nosos parabéns ás e aos docentes do noso Ensino Público!
Sen docentes non hai Ensino, e sen Ensino non hai sociedade nin futuro. Agardemos unha constante mellora na profesionalidade e na implicación de todas as persoas que forman parte fundamental da vida das nosas fillas e fillos. Son as responsábeis dunha mellora constante da xuventude, e merecen todo o noso apoio nesa tarefa.