Día Mundial da Saúde
Hoxe sabemos que aquilo que dicían as maiores, “o caso é ter saúde”, tiña moitas prolongacións. O que sempre vimos como a seguranza que achega ter un corpo san, hoxe ampliámolo a ter un equilibrio emocional que permita afrontar os golpes e problemas que trae a vida.
Ter a cabeciña no sitio, que tamén se dixo sempre, é o maior dos bens ao que podemos aspirar. E iso tamén é un labor de grupo, tamén é posíbel axudar as demais, e que nos axuden, a manter unha estabilidade que é imprescindíbel para gozar do resto da vida. Tamén na educación, tamén no ensino, tamén nos centros escolares, quizais non estea nos currículos, pero si debe estar nas aulas, e nos corredores: prestade atención unhas ás outras, facémonos falta.