Día mundial contra o traballo infantil
Hai quen pensa que falamos de cousas pasadas. Quen o faga que lea isto: https://www.20minutos.es/noticia/5122715/0/trabajo-infantil-lacra-mundo-explotadores-prefieren-ninos-pequenos-cumplen-14-anos-fugan.
O traballo infantil, ou o aproveitamento “inconsciente” do resultado dese traballo cando mercamos produtos que sabemos, ou deberiamos saber, que se conseguen con ese traballo, é unha lacra social que debera avergoñarnos a todas dun xeito moi rotundo.
O respecto á infancia é un dereito das persoas, e debemos defendelo con unllas e dentes, sexan ou non as nosas fillas e fillos, porque queremos o benestar de todas, ou non?