O mundo rural e as políticas educativas que o ignoran
Subimos a presentación da conferencia inaugural “O mundo rural e as políticas educativas que o ignoran” nas II XORNADAS ANPAS GALEGAS NO RURAL, que tivo lugar no concello de Muras.
A ponencia estivo a cargo de Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña.
Aínda que é ben interesante ter dispoñíbel esta presentación cedida polo profesor para revisala de cando en vez, moito millor ter asistido á
magnífica conferencia nunha xornada para lembrar.
O profesor sinala que fora un dia moi agradábel e que gostara moito poder escoitar e conversar coas famílias que acudiron, nais e pais moi comprometidos e ilusionados por facer realidade unha verdadeira e boa educación.
Podes descargar a presentación na ligazón: